RECANTEIROS
Psicoloxía
Aprende a desenvolverte no escenario coma se estiveses na túa propia casa.
Benvidos Recanteiros
Co obxectivo de axudarte da forma máis personalizada posible diseñamos este taller para ti, no que aprenderás a manexarte no escenario da mellor forma posible e poder xestionar as túas emocións durante a actuación.
Que ides conseguir neste taller
Reducir ansiedade
Os nervios xogan malas pasadas e non só no escenario. Moitas veces atácannos momentos previos á actuación e incluso días antes. Por sorte, podemos dotarte de recursos que permiten reducila a mínimos manexables.
Aprender máis e mellor
Unha das demandas do concurso será preparar temas fóra da vosa zona de confort. Pode ser unha tarefa complicada que, xunto á presión, pode ocasionar erros na execución. Ensinarémosche técnicas de aprendizaxe e a traballar baixo presión.
Lidiar coa crítica
Ninguén nace preparado para recibir críticas, e menos diante de miles de persoas. Aínda así, ensinarémosche cómo recibilas e, sobre todo, cómo contestalas e asimilalas.
Tendes algunha dúbida?
Seguro que hai moitas cousas que queres preguntar sobre os talleres. Para facilitarche a resposta a algunhas das máis frecuentes, deixámoche a continuación a contestación a algunha delas.
Todas as sesións constarán de dúas partes. Un bloque de contido teórico con nocións básicas sobre o tema que se traballe (por exemplo, ansiedade pre-actuación) e posteriormente actividades grupais para ensinar na práctica as técnicas que axudarán a dominar dito tema.
Cada sesión terá unha duración de 1h, cunha frecuencia semanal.
Levaranse a cabo no Hotel Congreso (ao lado de plató), nunha das súas salas de reunión. Haberá o suficiente espazo para manter as medidas de seguridade.
O programa piloto está pensado para grupos e constará de 4 sesións que terán lugar as tardes dos venres, entre as 16.00h e as 20.00h. Unha vez finalizado o periodo piloto, no caso de que o plantexamento fose exitoso, valorarase a súa continuación para o comezo das fases eliminatorias.
Individual
59.99 €
A sesión terá lugar na Clínica Balión
Grupo de 4-6 persoas
34.99 €
/persoa
As sesións terán lugar no Hotel Congreso
Grupo 7-9 persoas
24.99 €
/persoa
As sesións terán lugar no Hotel Congreso
Grupo de 10 persoas
21.99 €
/persoa
As sesións terán lugar no Hotel Congreso
Grazas por confiar en nós